domingo, 18 de maio de 2014

Let's practise "HAPPY" by Pharrell Williams!







The family day!

Letras Galegas'14

     Este ano, o homenaxeado foi Xosé María Díaz Castro. Aquí vos deixo a poesía que traballamos na aula para que non a esquezades:



PENÉLOPE


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus sonos non se move.

A espranza nos teus ollos se esperguiza.

Aran os bois e chove.



Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mól coma unha uva.

Pro tí envólveste en sabas de mil anos,

i en sonos volves a escoitar a chuva.



Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, Xesús María!,

e toda a cousa ha de pagar seu desmo.



Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza!