xoves, 25 de decembro de 2014

CUPCAKES!

Como xa sabedes, o día 19 de decembro, para darlle a benvida ás vacacións de Nadal, tivemos a gran sorte de levar a cabo un obradoiro moi apetitoso, no que gracias a Lourdes, aprendimos e conseguimos elaborar uns deliciosos CUPCAKES! 

GRACIAS LOURDES!

xoves, 18 de decembro de 2014

Contos de Nadal!

Pincha aquí para ler os CONTOS DE NADAL que escribíu 4ºB!

sábado, 13 de decembro de 2014

O VOO DAS BOLBORETAS: non á violencia de xénero!



Dende o Tomás de Lemos queremos dicir NON á VIOLENCIA DE XÉNERO!! e a través deste mural é como vos queremos facer chegar esta mensaxe!



Pinchade aquí para ver como interpretan @s nos@s nen@s este tema.
(Respetamos as faltas de ortografía para non interferir no resultado)

xoves, 4 de decembro de 2014

HIMMELY

     Este ano temos a sorte de contar cunha auxiliar de conversación moi especial, Sini, que como xa sabedes, é finlandesa! Aproveitando que está connosco, estamos a coñecer todo o posible sobre a súa cultura e tradicións, e entre elas, están estas curiosas figuras 3D moi típicas en Finlandia na época de Nadal. Lembrades o seu nome? atrevédesvos a facer máis sen a súa axuda? Aquí tedes as fotos do proceso! SORTE!!